Información

Coñece toda a información da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

A asociación

A asociación de concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle é unha asociación sen ánimo de lucro que une aos concellos que forman parte do trazado da vía verde para impulsar este destino. A nosa misión é converter este patrimonio ferroviario nun recurso turístico sostible que beneficie á comunidade local e ofreza experiencias únicas aos visitantes. Cunha planificación estratéxica, maximizamos o seu potencial turístico, asegurando que cada proxecto contribúa ao desenvolvemente local sostible.

Vía Verde - Puntos de interese
Vía Verde - Información

Traballamos para:

  • Manter e mellorar a infraestrutura da Vía Verde
  • Promover o turismo sostible na zona
  • Preservar o patrimonio histórico e cultural
  • Fomentar a participación da comunidade local

Concellos asociados

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle está formada polos seguintes concellos, que colaboran activamente no desenvolvemento e promoción deste proxecto:

Vía Verde - Información Tordoia

Plan de Sostibilidade Turística en Destino Vía Verde Compostela – Tambre – Lengüelle

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle é un dos itinerarios da rede das Vías Verdes española que, reutilizando antigo trazado ferroviario existente entre as cidades de Santiago de Compostela e a Coruña, estase acondicionando para a súa posta en funcionamento como ruta de transporte non motorizado.

Sign for Vía Verde trail direction
Vía Verde - Información descanso

PSTD

O obxecto do presente plan é a dinamización do territorio rural polo que discorre o trazado da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a través da xeración de oportunidades vinculadas co turismo sostible e a valorización dos produtos locais. Este plan pretende aproveitar a oportunidade que supón a vertebración do territorio a través desde trazado, integrado no produto Vías Verdes, para o aproveitamento e a posta en valor dos recursos naturais, patrimoniais e gastronómicos dos concellos polos que discorre, e maximizar así o seu desenvolvemento turístico e socioeconómico con unha estratexia sólida e participada